Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
miércoles, 1 de diciembre de 2021
Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O vindeiro 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O Obxectivo é o de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida
Dende o equipo de convivencia, propoñemos traballar diferentes cortos, contos a nivel de titoría, e dese xeito inculcar unhos valores de solidariedade, empatía, respecto, tolerancia, cooperación,...
Outra actividade a desenvolver será a de "Escribir e Ler Braille". Dita actuación consistirá en escribir unha mensaxe ou o nome coloreando cun rotulador en cada un dos caxetíns tantos puntos como corresponda a cada letra axudándose dunha ficha co alfabeto Braille.
Tamén faremos un mural cos debuxos de distintas personalidades que teñan algún tipo de discapacidade e outro coas bolboretas funcionais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario