sábado, 23 de marzo de 2024

Apuntámonos a non beber

Neste segundo trimestre fíxose unha intervención no centro escolar para o alumnado por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa. Analizouse con espírito crítico a publicidade de bebidas alcohólicas e as estratexias que empregan para a procura de novas persoas consumidoras (mensaxes, cores, imaxes, linguaxes; asociación entre o consumo de bebidas alcohólicas con determinados valores sociais,...).

lunes, 11 de marzo de 2024

Actividades conmemoración 8 M

Ademais das múltiples actividades que se levaron a cabo nas distintas aulas para romper os estereotipos de xénero, podemos destacar a realización de diversos traballos de investigación. Ditos traballos versan sobre a biografía de distintas mulleres pertencentes á época medieval (estamos inmersos nun proxecto relacionado coa época).

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...