viernes, 28 de abril de 2023

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

O 28 de abril os alumnos/as de quinto e sexto de Educación Primaria tiveron a oportunidade de escoitar unha charla informativa sobre ciberseguridade e acoso escolar. A charla foi impartida por unhas persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade de Estado.

jueves, 13 de abril de 2023

Apuntámonos a non beber

O pasado 13 de abril fíxose unha intervención no centro escolar (alumnado de 6º de Educación Primaria).Dita intervención foi realizada por unha persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa. O contido da sesión: 1. A Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade 2. Analizar con espírito crítico a publicidade de bebidas alcohólicas e a procura das novas persoas consumidoras (mensaxes, cores, imaxes, linguaxes; asociación entre o consumo de bebidas alcohólicas con determinados valores sociais,...). 3. Desenvolver estratexias creativas para canalizar as súas ideas. 4. Dar pautas para que o alumnado poda deseñar unha campaña de prevención do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en calquera soporte.

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...