viernes, 26 de noviembre de 2021

Actividades 25 de novembro

En Educación Infantil e en 1º,2º e 3º de Educación Primaria, realizóuse un TALLER SOBRE OS ESTEREOTIPOS E MANDATOS DE XÉNERO. O que se pretendía era: Inculcar o concepto de liberdade e de diversidade na identidade e as expresións de xénero. Reflexionar sobre a socialización de xénero: como os roles, estereotipos e mandatos de xénero afectan á vida das persoas. Fomentar o respecto pola diversidade e as diferentes formas de ser. Motivar a nenas, nenos a desenvolverse con liberdade, independentemente dos roles, estereotipos e mandatos de xénero asignados. Para o seu desenvolvemento realizóuse a lectura do conto “Os Colores”, en Contos para antes de despertar, de Nunila López Salamero e Myrian Cameros Serra. Posteriormente: actividade plástica.
En 1º,2º e 3º de Educación Primaria, Lectura interactiva do conto Oliver Button é unha nena, de Tomie de Paola. Reforzamos a idea de que o divertido é facer o que a un/a lle guste e que nos poden gustar moitas cousas.
En 4º e 5º de Educación Primaria, o profesorado explica que vamos a practicar a mirada crítica: a diario recibimos infinidade de mensaxes e moitas veces non nos damos conta dos contidos non explícitos que nos transmiten. Así que vamos a practicar esta mirada crítica, a través das lentes de xénero. Que é iso? Mirar algo coa intención de descubrir si se dicen cousas diferentes (e desiguais) de rapaces/as.
En 6º de Educación Primaria, desenvolvemos:COIDÁMONOS. TALLER PARA TRABALLAR O COIDADO E O BO TRATO. Obxectivos  Fomentar o coidado como elemento vertebrador das relacións humanas e co medio.  Traballar a identificación e expresións das emocións.  Fomentar as relacións de bo trato a partir da empatía, a escoita activa e a asertividade.  Por en valor o empoderamento individual así como as relacións que nos dan benestar.  Identificar as actitudes violentas dentro das relacións humanas, en especial as relacións de violencia machista.  Motivar ó alumnado para poñer en práctica a empatía e o coidado. Escoitamos “Lucha ama Libertad”, un audioconto do proxecto Un conto propio. Este conto narra a historia de Lucha, unha rapaza que sale dunha relación de maltrato gracias ó arte, a creatividade e o apoio dos seus amigos/as. Un mural polo bo trato.

martes, 23 de noviembre de 2021

Ciberseguridade con Bernardo Viqueira

Neste mes de novembro propoñemos novos encontros para a comunidade educativa. Desta volta contamos con Bernardo Viqueira, hacker profesional, que nos vén desvelar moitas das cuestións que descoñecemos sobre os riscos da pegada dixital e a súa importancia na nosa rutina con móbiles e tabletas. Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria o día 23 de novembro, seguiron online a charla. Para Viqueira o mundo do hacking é a súa paixón. Ten reportado fallos de seguridade a empresas coma Deezer, Starbucks e Yahoo; colaborado con organismos gubernamentais; e participado en varios programas de televisión e radio. Este encontro ten como obxectivo tomar conciencia do que realmente significa a pegada dixital, tanto dende unha mirada ao presente coma pensando no futuro.

miércoles, 3 de noviembre de 2021

Mediadores/as

Mediante a utilización de procedementos conciliados de resolución dos conflitos, pretendemos: dotar ó centro dunha ferramenta máis de xestión pacífica dos conflictos, integrada nos plans en nas dinámicas do mesmo, acadar a implicación da comunidade educativa nas estratexias alternativas de resolución de conflitos e ensinar estratexias e habilidades necesarias para desenvo
lver a mediación en conflitos, fomentando un bo clima socioafectivo entre as persoas que participen.

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...