Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
jueves, 30 de mayo de 2024
Xornada de acollida no IES
O pasado 29 de maio de 12:15 a 13:30, co obxectivo de acadar unha mellor transición entre as etapas e reducir a posible inquedanza que isto poida ocasionar no alumnado, organizouse unha visita guiada polas instalacións do IES para o alumnado de 6º de primaria.
viernes, 24 de mayo de 2024
Xornada de formación do EQUIPO DE ACTUACIÓN CONTRA O ACOSO ESCOLAR
O pasado xoves 23 de maio, un integrante do equipo ACAE do noso centro, acudiu a unha xornada de formación (celebrada na Cidade da Cultura) contra o acoso escolar.
Recibiu información sobre o mesmo na rede, o seu impacto na saúde mental do alumnado, a súa abordaxe xurídica. Tamén incidiuse na confidencialidade e na protección de datos.
jueves, 16 de mayo de 2024
Visita a Marcelle
O pasado mércores 15 de maio, o primeiro ciclo de Educación Primaria realizou unha visita a Marcelle Natureza.
O lugar anteriormente mencionado é un parque zoolóxico localizado no municipio galego de Outeiro de Rei. Os animais alóxanse en condicións que permitan a satisfacción das súas necesidades físicas e psicolóxicas e proceden doutros zoos, centros de recuperación ou centros de rescate, nunca de capturas de animais en liberdade.
jueves, 2 de mayo de 2024
Día Internacional contra o Acoso Escolar
Unha persoa experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (PLAN DIRECTOR), impartiu unha charla informativa sobre o acoso escolar. Este ano incidiuse moito no tema do ciberacoso. Dito termo utilízase para describir cando un neno/a ou adolescente é molestado, ameazado, acosado, humillado, avergoñado ou abusado por outro neno/a ou adolescente, a través da INTERNET ou calquera medio de comunicación como teléfonos, móviles ou táblets.
Fomos explicando en que consiste o "PUNTO LARANXA". É unha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa.
Entre os libros utilizados podemos destacar: Non quero ir!
Versa sobre a historia dunha nena que logrou superar o acoso. Neste conto os autores abordan cunha enorme sensibilidade o tema do acoso escolar. Logran meterse con éxito na pel dunha persoa que é víctima dunha situación de terrible actualidade.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.




