miércoles, 18 de junio de 2025

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións centráronse nos hábitos máis sinxelos,pero básicos para manter unha boa saúde bucodental. Tamén falouse da importancia da dieta para a saúde dos dentes, así como da rutina diaria de tres cepillados. Os nenos/as recolleron moi ben a información que lles deron, e tamén é certo que cada vez máis os pais/nais traballan xa na casa a limpeza e a hixiene. Ao finalizar a formación máis teórica (de maneira lúdica), os alumnos/as laváronse os dentes (de xeito simbólico) e amosaron o aprendido. O obxectivo era identificar o que é bo e malo para a súa boca, e que aprendan a lavar os dentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...