Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
martes, 30 de enero de 2024
Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Para o desenvolvemento de dita Conmemoración realizamos a seguintes actividades:
• Obradoiros interniveis: Cada grupo na súa aula recibiu ao alumnado do terceiro ciclo para a realización de xeito colaborativo dunha figura para adornar o lapis conmemorativo do Día da Paz.
Cada aula tivo un modelo de cada adorno, diferentes accesorios para a súa decoración e goma eva de diferentes cores. Cada neno/a decorou a súa figura empregando a súa imaxinación.
• Ao rematar o recreo reunímonos todos os grupos no patio do IES. Leuse un manifestó pola Paz e posteriormente o alumnado realizou un baile.
viernes, 26 de enero de 2024
Axenda Visual
É a explicación cronolóxica das actividades ou sucesos importantes do día. Utilizando pictogramas, imaxes reais, obxectos reais e mesmo a linguaxe escrita. Este tipo de axendas visuais facilitan a comprensión e anticipación de:
. O que vai ocorrer.
. Onde vamos a estar.
. A orde na que se xestionará.
. Como poder moverse polos espazos onde se vai a desenvolver a actividade.
Serven para:
. Interpretar mellor a mensaxe verbal que damos.
. Axuda na comprensión das alteracións que se dan ao longo do día, regulando a conduta e a resposta emocional que pode supoñer ese cambio.
. Mellora o mantenemento da atención.
. Apréndense conceptos complexos, como o tempo, causa-efecto.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.


