Páginas

miércoles, 1 de diciembre de 2021

Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

O vindeiro 3 de decembro, celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O Obxectivo é o de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida Dende o equipo de convivencia, propoñemos traballar diferentes cortos, contos a nivel de titoría, e dese xeito inculcar unhos valores de solidariedade, empatía, respecto, tolerancia, cooperación,... Outra actividade a desenvolver será a de "Escribir e Ler Braille". Dita actuación consistirá en escribir unha mensaxe ou o nome coloreando cun rotulador en cada un dos caxetíns tantos puntos como corresponda a cada letra axudándose dunha ficha co alfabeto Braille. Tamén faremos un mural cos debuxos de distintas personalidades que teñan algún tipo de discapacidade e outro coas bolboretas funcionais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario