Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
miércoles, 31 de mayo de 2023
Obradoiro A Revolución Teenagers
Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras consideran de vital importancia que os nenos/as adquiran nocións básicas sobre prevención de condutas de risco ante esta nova etapa que están empezando: A adolescencia.Unha etapa de cambios, moi emocionantes para eles/as, na que se consolidan comportamentos, actitudes e aptitudes, claves para a súa vida.
De aí que profesionais de Atención Primaria desta área, levaron a cabo este programa, para os nenos/as de 6º de pimaria. Tratáronse temas de educación sexual, emocional e prevención de condutas de risco (alcol, tabaco...) todo isto adaptado a esta idade e de forma amena e dinámica.
O pasado 30 de maio, os nenos/as participaron do forma activa a través de distintas dinámicas de grupo.
martes, 30 de mayo de 2023
Programa de intervención sobre as emocións
As emocións teñen unha gran importancia no desenvolvemento integral e social dos nenos/as. Debido a todo o anteriormente mencionado, xogan un papel fundamental dentro do proceso educativo.
miércoles, 24 de mayo de 2023
jueves, 11 de mayo de 2023
martes, 2 de mayo de 2023
ACTIVIDADES DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR
• En Educación Infantil: Lectura do libro “Pónte as miñas lentes”.
No conto Lucía é unha rapaza que comeza a ter problemas de visión e ten que poñerse lentes. Ela está moi preocupada e non quere levalas porque pode ser obxecto de burlas na clase e ten medo a perder aos seus amigos/as. Ao poñerse os lentes, Lucía ve como algún dos seus compañeiros/as búrlanse dela.Outros compañeiros, con todo , danse conta da crueldade desas accións e deciden apoiar a Lucía.
• En 1º e 2º de Educación Primaria: Lectura do libro “ O caracol que foi salvado por uns alieníxenas de sufrir acoso”.
Os dispositivos dixitais convertéronse nunha ferramenta imprescindible para todos/as. Con todo, cando se utilizan de xeito excesivo ou irresponsable, poden causar graves problemas.
Col, o pequeno caracol, está moi triste porque os seus compañeiros/as envíanlle mensaxes dicíndolle que ten “antenas de marciano”. De súpeto, aparecen uns compasivos alieníxenas que lle salvarán desa situación.
• En 3º de Educación Primaria: Lectura do libro “Que le pasa a Uma?”.
É un relato que reflicte o que lles sucede aos nenos/as que se senten diferentes, neste caso, na escola.
• En 4º de Educación Primaria: Confección de dous murais. Un sobre frases para loitar contra o acoso e outro sobre Heroes/Heroínas contra o ciberacoso
• En 5º e 6º de Educación Primaria: Clarla informativa sobre o acoso escolar. A charla foi impartida por unha persoa experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado (PLAN DIRECTOR).
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.








