Mostrando entradas con la etiqueta Departamento. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Departamento. Mostrar todas las entradas

martes, 13 de mayo de 2025

Saída a Santiago

O pasado martes 13 de maio fixemos unha saída cos alumnos/as de 6º de Educación Primaria a Santiago. Puidemos visitar a zona vella, o mercado, a Praza do Obradoiro e o Museo do Pobo Galego.

miércoles, 26 de marzo de 2025

Pautas de hixiene vocal

As disfonías infantís son comúns na infancia afectando a un gran número de nenos/as de idades comprendidas entre os 5 e 7 anos de idade. Temos que diferenciar as alteracións da voz producidas pola maduración do neno/a de aquelas producidas por un mal uso ou abuso vocal.

martes, 12 de noviembre de 2024

EOE Ourense

Co obxectivo prioritario de colaborar na mellora dos Servizos de Orientación dos centros educativos da provincia, na medida do posible, contamos coa axuda inestimable dos distintos especialistas integrantes do EOE.

viernes, 8 de noviembre de 2024

Programa PROA +

O Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo en centros de especial complexidade educativa PROA+ ten como finalidade apoiar o éxito educativo do alumnado, especialmente do vulnerable, mediante a aportación de recursos e formación aos centros con maiores dificultades. No noso caso supón a dotación dun mestre especialista en Pedagoxía Terapéutica.

jueves, 10 de octubre de 2024

Mesa de Coordinación

O pasado venres 10 de outubro, participamos na reunión da Comisión para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero. Realizamos propostas de actuacións cara a prevención e tratamento de dita violencia nas diferentes institucións e sectores poboacionais.

jueves, 27 de junio de 2024

Xornada de coordinación

O pasado xoves 27 de xuño, a xefatura do departamento de orientación e as titores de 6º de educación primaria tivemos unha reunión no IES O Ribeiro. En dita reunión trasladamos información sobre o alumnado que o vindeiro curso estará escolarizado en 1º da ESO. Falamos das distintas necesidades do alumnado aspecto moi importante á hora de organizar grupos e atendelas.

viernes, 17 de noviembre de 2023

Mesa de Coordinación

O pasado venres 17 de novembro, participamos na reunión da Comisión para a mellora da atención ás vítimas da violencia de xénero. Realizamos propostas de actuacións cara a prevención e tratamento de dita violencia nas diferentes institucións e sectores poboacionais.

jueves, 5 de octubre de 2023

Reunión REDE RAOGAL

O pasado xoves 5 de outubro tivemos unha reunión no IES Vilamarin. Dito centro forma parte da REDE RAOGAL e constitúe unha Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO). Dá cobertura a todos os centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do seu ámbito de actuación. Cada UACO está constituída por unha persoa responsable do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado especialmente vulnerable, así como das súas familias, escolarizado en centros sostidos con fondos públicos, e deberá contar con formación específica acreditada en mediación, habilidades sociais, e educación emocional. As UACO teñen como función específica acompañar as traxectorias educativas do alumnado máis vulnerable e as súas familias, para previr fracasos e promover a aprendizaxe e éxito escolar, sempre en colaboración e coordinación cos e coas profesionais que estean a intervir co devandito alumnado.

lunes, 24 de octubre de 2022

Reunión Rede RAOGAL no IES Vilamarían

O pasado luns 24 de outubro realizouse no IES Vilamarían unha reunión da Rede RAOGAL. A Rede RAOGAL é unha rede de orientación persoal e familiar de Galicia composta por unha serie de centros que prestan servizo a súa area de influencia. Teñen o obxectivo de "desenvolver actuacións de seguemento ao alumnado con maiores dificultades". Esta Rede tamén serve de apoio e reforzo ao traballo dos máis de 4.000 profesionais adicados á orientación e ao
reforzo educativo que diariamente traballan de forma ordinaria nos centros educativos galegos.

viernes, 23 de septiembre de 2022

Promoción para o éxito escolar. Cruz Vermella Ribadavia

Para a vindeira semana, comeza a desenvolverse na Cruz Vermella de Ribadavio o programa "Promoción para o éxito escolar".Este proxecto está destinado a rapaces/as que presentan dificultades no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Durante as tardes, apóiaselles coas súas tarefas escolares, ofrecéndolles novos modos de comprender as asignaturas que lles resulten atractivos e útiles. Pero non todo ten que ver co relativo ás tarefas do colexio ou instituto! Hai tantas, tantísimas cousas máis ás que lle prestar atención, que non podiamos quedarnos só no apoio educativo. Por iso no proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvólvense talleres de hábitos saudables, de xestión emocional, de medioambiente e de ocio e tempo libre.

miércoles, 14 de septiembre de 2022

Plan de acollida en Educación infantil

Durante dúas semanas do mes de setembro, o departamento de orientación colaborou no desenvolvemento de actividades co alumnado de tres anos. Ditas actividades foron organizadas pola titora dentro e fóra da aula. Participamos en dito acompañamento para que non houbese dificultades na incorporación do alumnado.

lunes, 23 de mayo de 2022

Coordinación Cruz Vermella. Promoción do Éxito Escolar.

Este proxecto está destinado a rapaces/as que presentan dificultades no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Durante as tardes, apóiaselles coas súas tarefas escolares, ofrecéndolles novos modos de comprender as asignaturas que lles resulten atractivos e útiles. Pero non todo ten que ver co relativo ás tarefas do colexio ou instituto! Hai tantas, tantísimas cousas máis ás que lle prestar atención, que non podiamos quedarnos só no apoio educativo. Por iso no proxecto de Promoción do Éxito Escolar desenvólvense talleres de hábitos saudables, de xestión emocional, de medioambiente e de ocio e tempo libre.

viernes, 29 de abril de 2022

Coordinación entre centros

Tendo en conta o establecido na Orde 8 de decembro de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Leí orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, Capítulo VI, artigo 90 a coordinación entre os centros docentes considérase un mecanismo de inclusión do alumnado, polo seu valor no coñecemento e no axuste inicial á realidade de cada alumno/a. En consecuencia, os centros docentes deben diseñar actuacións destinadas a facilitar e a obter ese coñecemento inicial. Debido a todo o anteriormente mencionado, dende a xefatura do departamento de orientación proporcionouse información ao CRA (orientadora) para preparar unha presentación para os futuros alumnos/as do noso centro.

martes, 19 de abril de 2022

Identifica e representa as túas emocións

Como se manifestan no noso rostro as distintas emocións? Pensamos,ao mesmo tempo, que persoas,
cousas ou situacións que nos fan sentir desa maneira. Expresámolo por escrito. Desta maneira axudamos a recoñecer, expresar e xestionar os nosos sentimentos positivos e negativos.

viernes, 11 de febrero de 2022

Reunión Rede RAOGAL no IES Vilamarín

Os centros educativos galegos contan, dende este curso, cunha nova ferramenta de apoio para o seguemento do alumnado con maiores dificultades, tanto dende o punto de vista educativo como familiar, a Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia. A rede disporá de 32 novos docentes, un por cada centro coordinador, para atender as necesidades de reforzo do alumnado, tendo en conta a singularidade do alumnado do rural. Os docentes designados en cada centro serán os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguemento ó alumnado que o necesite. A súa función será a de complementar a actuación ordinaria dos centros da área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas. Ademais, realizaranse labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos. Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia servirá tamén de apoio e reforzo ó
traballo dos máis de 4.000 profesionais adicados á orientación e ó reforzo educativo que diariamente traballan de forma ordinaria nos centros educativos galegos.

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...