Sen barreiras
Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
miércoles, 18 de junio de 2025
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións centráronse nos hábitos máis sinxelos,pero básicos para manter unha boa saúde bucodental.
Tamén falouse da importancia da dieta para a saúde dos dentes, así como da rutina diaria de tres cepillados. Os nenos/as recolleron moi ben a información que lles deron, e tamén é certo que cada vez máis os pais/nais traballan xa na casa a limpeza e a hixiene. Ao finalizar a formación máis teórica (de maneira lúdica), os alumnos/as laváronse os dentes (de xeito simbólico) e amosaron o aprendido. O obxectivo era identificar o que é bo e malo para a súa boca, e que aprendan a lavar os dentes.
martes, 3 de junio de 2025
Xornada de acollida
O día 3 de xuño de 11:45 a 13:30 da mañá, co obxectivo de acadar unha mellor transición entre as etapas e reducir a posible inquedanza que isto poida ocasionar no alumnado, organizouse unha visita guiada polas instalacións do IES para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
martes, 13 de mayo de 2025
Saída a Santiago
O pasado martes 13 de maio fixemos unha saída cos alumnos/as de 6º de Educación Primaria a Santiago. Puidemos visitar a zona vella, o mercado, a Praza do Obradoiro e o Museo do Pobo Galego.
viernes, 2 de mayo de 2025
martes, 1 de abril de 2025
Apuntámonos a non beber
Neste 2º trimestre tivemos unha intervención no centro escolar para o alumnado de 6º de Educación Primaria.
Dita intervención foi realizada por unha persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa Apuntámonos a non beber.
Fíxose fincapé na análise con espírito crítico da publicidade de bebidas alcohólicas e en ter coñecementos básicos da Lei 11/2020, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade.
miércoles, 26 de marzo de 2025
Pautas de hixiene vocal
As disfonías infantís son comúns na infancia afectando a un gran número de nenos/as de idades comprendidas entre os 5 e 7 anos de idade.
Temos que diferenciar as alteracións da voz producidas pola maduración do neno/a de aquelas producidas por un mal uso ou abuso vocal.
lunes, 24 de marzo de 2025
A empatía
A empatía implica intentar comprender o que sente outra persoa. Por exemplo, se un amigo/a cae e magóase, é posible que sintas compaixón por el/a e desexes axudalo en lugar de rirte del.
A empatía é como un superpoder que todos/as podemos usar. Ao tratar de entender o que sinten os outros/as, podemos facer que o mundo sexa un lugar mellor.
Mediante personaxes carismáticas e situacións relatables, utilizamos contos como unha fiestra a leccións valiosas sobre a resiliencia, a xestión de emocións e a importancia dunha actitude positiva.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.







