jueves, 27 de junio de 2024

Xornada de coordinación

O pasado xoves 27 de xuño, a xefatura do departamento de orientación e as titores de 6º de educación primaria tivemos unha reunión no IES O Ribeiro. En dita reunión trasladamos información sobre o alumnado que o vindeiro curso estará escolarizado en 1º da ESO. Falamos das distintas necesidades do alumnado aspecto moi importante á hora de organizar grupos e atendelas.

jueves, 6 de junio de 2024

Visita Centro de Saúde de Ribadavia

O pasado mércores 5 de xuño, a clase de 6º de Educación Infantil realizou unha visita guiada ao centro de saúde da vila. Pretendíase que coñeceran aos distintos profesionais que traballan nel e a labor que desenvolven. Recibiron información dunha maneira lúdica e dinámica: montaron na ambulancia, escoitaron o latexo do seu corazón, visionaron vídeos sobre como limparse (correctamente) os dentes, recibiron un debuxo relacionado coa alimentación saudable, acudiron á sala onde se traballa coas persoas que teñen que facer rehabilitación (romper unha man...)... Por último recibiron como agasallo un libro dos Bolechas e unha pulseira confeccionada por un profesional do centro. Moitas grazas!

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...