jueves, 24 de febrero de 2022

Valoración dos problemas de conducta e valoración das pautas educativas e do ambiente familiar

Este cuestionario quere axudar a valorar a conducta do neno/a, de maneira que poda establecer se presenta ou non problemas de conducta e a que nivel. Vai destinado a aqueles pais/nais que queren facer unha valoración do comportamento do seu fillo/a. Tamén é útil como seguemento,para valorar a efectividade das medidas que se están adoptando. Os problemas de conducta normalmente están asociados á presenza dunhas pautas educativas non axeitadas e a un ambiente familiar con algunhas peculiaridades tamén inadecuadas. O tratamento dos problemas de comportamento debe comezar pola adopción dunha serie de medidas básicas que fan referencia a estos dous aspectos: pautas educativas e ambiente familiar.

martes, 22 de febrero de 2022

Normas e acordos para a convivencia

Os acordos de convivencia son declaracións que surxen do debate e son aceptadas por todo o grupo. Crean un ambiente de cordialidade e afecto entre todos os integrantes. Establecen unha forma de convivir que permite que todos se sintan seguros e cómodos.

viernes, 18 de febrero de 2022

Os meus compañeiros/as de clase

É importante para a nosa Autoestima relacionarnos axeitadamente con todas as persoas coas que convivimos. Os nenos/as comparten diariamente no colexio moitas cousas, como a aprendizaxe, porque fan actividades en equipo, axúdanse e tamén imitan algúns comportamentos uns dos outros. En ocasións, aparecen problemas e é necesario saber resolvelos dialogando con respecto e amosando a nosa intelixencia, que consiste en saber escoitar, prestando atención ós outros, ter en conta as súas opinións, expresar as nosas, respectar os dereitos de todos e comunicar os nosos estados de ánimo axeitadamente.

martes, 15 de febrero de 2022

Quérote (case sempre)

Este libro para nenos/as narra a historia de amor de Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e adáptanse para convivir en armonía. Son dous animais moi diferentes: Lolo é un bicho bóla e Rita é un vagalume. El é forte e resistente, experto na camuflaxe, práctico e organizado. Rita, porén, é lixeira e delicada, brillante, imaxinativa, rápida e con capacidade para a improvisación. Lolo e Rita saben que son diferentes pero gústanse moito. Ata que de súpeto un día comezan a chocar polas súas diferenzas e rematan por sentir que as súas diferenzas lles molestan, lles separan. Pero, dende o amor que senten, aprenderán a respectar as características do seu compañeiro/a e farán o posible por adaptarse. Quérote (case sempre) é unha preciosa historia de amor que encantará tamén os pais/nais e que nos ensina a importancia de respectar as peculiaridades da nosa parella e a querela no seu conxunto, adaptándonos en aquelo no que chocamos. Con esta lectura poderemos falar cos nosos alumnos/as do respecto á diversidade, de empatizar cos sentimentos dos demais aínda que sexan distintos ós nosos e da necesidade de que nunha convivencia todos cedamos. Parécenos un álbum infantil moi axeitado para traballar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as xa que máis aló de tratar un tema profundo dunha forma moi tenra, o texto está cheo de abxectivos que lles axudarán a expresar mellor os seus sentimentos. Poderemos conversar con eles/as sobre como somos cada un e que cousas nos molestan do outro así como do que facemos para non chocar nas nosas diferenzas.

viernes, 11 de febrero de 2022

Reunión Rede RAOGAL no IES Vilamarín

Os centros educativos galegos contan, dende este curso, cunha nova ferramenta de apoio para o seguemento do alumnado con maiores dificultades, tanto dende o punto de vista educativo como familiar, a Rede de Orientación Persoal e Familia de Galicia. A rede disporá de 32 novos docentes, un por cada centro coordinador, para atender as necesidades de reforzo do alumnado, tendo en conta a singularidade do alumnado do rural. Os docentes designados en cada centro serán os encargados do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguemento ó alumnado que o necesite. A súa función será a de complementar a actuación ordinaria dos centros da área, sobre todo atendendo ás situacións máis delicadas. Ademais, realizaranse labores de acompañamento ás familias, ofrecéndolles recursos para unha maior implicación nos procesos educativos dos seus fillos. Esta Rede de Orientación Persoal e Familiar de Galicia servirá tamén de apoio e reforzo ó
traballo dos máis de 4.000 profesionais adicados á orientación e ó reforzo educativo que diariamente traballan de forma ordinaria nos centros educativos galegos.

martes, 1 de febrero de 2022

O segredo de Flora

Flora ten un segredo fantástico, e é que aprendeu unhas palabras máxicas que a axudan a non sentir enfados nin ganas de pegar. O segredo de Flora consiste en atopar un modo de combater a violencia, explicando así a nenos e nenas que é intolerable en todas as súas manifestacións.

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...