Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Familias. Mostrar todas las entradas

jueves, 10 de octubre de 2024

Coordinación gabinetes externos ao centro

Nos centros coinciden alumnos/as que requiren dun apoio integral (intelectual, social e emocional), nenos/as con necesidades educativas especiais, ou mesmo , familias que demandan un tipo de orientación. Por iso é vital contar con apoios que brinden un soporte continúo para favorecer o benestar físico e emocional dos nenos/as. Os gabinetes externos son unha ferramenta moi útil para alcanzar a máxima calidade educativa, fomentando e levando a cabo unha serie de actividades e programas centrados nunha atención individualizada (como a labor realizada polo Departamento de Orientación).

miércoles, 15 de noviembre de 2023

O monstrúo de cores

Ao longo da primeira infancia, os nenos/as ás veces están confundidos polas novas sensacións e cústalles identificalas e canalizalas. O monstrúo de cores é unha magnífica ferramenta para axudar a interpretar axeitadamente cada sentimento e deste xeito saber como actuar en cada momento. Na aula cada neno/a debuxou o monstrúo co cal se identificaba.

viernes, 10 de noviembre de 2023

A hora das preocupacións

Estamos de acordo en que debemos escoitar aos nenos/as e intentar axudarlles a resolver os seus conflictos, pero cando o que lles preocupa comeza a ser un problema porque son cousas que non xustifican os seus temores, debemos cambiar de estratexia. A hora das preocupacións, en que consiste? Determinamos que o único momento do día no que se pode falar de todo o que lles preocupa son as seis da tarde (por exemplo). Se pola mañá o neno/a levántase e comeza a preocuparse porque ten que ir ao colexio, porque un dos seus compañeiros/as non é o seu amigo/a, porque non se sabe unha poesía, porque teme que lle rife o profesor/a... en lugar de pasar todo o o almorzo dicíndolle: "tranquilo/a todo vai a saír ben", cousa que de cando en cando serve de consolo, se lle dí que falaremos de todo eso na hora determinada. Deste xeito aplazaremos ese momento no que a raíz dunha soa preocupación é capaz de entrar nunha espiral de agobio e ansiedade que desemboca frecuentemente en choro. Estámoslle ensinando a autocontrolarse. Cando por fin chega a hora sinalada non recordará nin a metade das súas preocupacións.

viernes, 6 de octubre de 2023

Programa de control de esfínteres

No desenvolvemento evolutivo infantil, o control de esfínteres efectúase ao redor dos dous-tres anos, aínda que esta idade pode variar segundo a madurez do neno/a. Este hábito ten gran importancia tanto para a familia como para a axeitada integración do neno/a no seu entorno escolar e social, pero sobre todo para o alumno/a polo feito de alcanzar un gran progreso na súa autonomía persoal.

martes, 12 de septiembre de 2023

Visita ao CEE Miño

O pasado día 11 de setembro realizamos unha visita ao centro de Educación Especial Miño. Ofrece ensinanzas dirixidas aos alumnos/as con necesidades educativas especiais que non poden ser atendidas no marco das medidas de atención á diversidade dos centros ordinarios. Réxese polos principios de normalización e inclusión. Ademais, conta con profesionais e servizos que non ofrece ningún outro centro da provincia de Ourense.

miércoles, 8 de junio de 2022

Falemos de duelo

O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.

martes, 7 de junio de 2022

Dani non quere ir ao cole

Neste conto abórdanse as emocións que sente unha nena ou neno cando non quere ir ao colexio. Dani axudará aos máis pequenos a superar eses medos.

miércoles, 27 de abril de 2022

Visita ao CEE O Pino

A filosofía do centro é a de formar e capacitar para a vida,desenvolvendo ao máximo as potencialidades do alumnado para que sexan autónomos e felices.

viernes, 25 de marzo de 2022

"Se resolvemos todos os problemas dos nosos fillos/as, nós somos o problema

Como di a psicóloga Begoña Ibarrola "aos nosos fillos/as non lles podemos quitar as pedras do camiño para que non tropecen, témoslles que ensinar a, saltalas". Non o esquezamos.

jueves, 24 de febrero de 2022

Valoración dos problemas de conducta e valoración das pautas educativas e do ambiente familiar

Este cuestionario quere axudar a valorar a conducta do neno/a, de maneira que poda establecer se presenta ou non problemas de conducta e a que nivel. Vai destinado a aqueles pais/nais que queren facer unha valoración do comportamento do seu fillo/a. Tamén é útil como seguemento,para valorar a efectividade das medidas que se están adoptando. Os problemas de conducta normalmente están asociados á presenza dunhas pautas educativas non axeitadas e a un ambiente familiar con algunhas peculiaridades tamén inadecuadas. O tratamento dos problemas de comportamento debe comezar pola adopción dunha serie de medidas básicas que fan referencia a estos dous aspectos: pautas educativas e ambiente familiar.

martes, 15 de febrero de 2022

Quérote (case sempre)

Este libro para nenos/as narra a historia de amor de Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e adáptanse para convivir en armonía. Son dous animais moi diferentes: Lolo é un bicho bóla e Rita é un vagalume. El é forte e resistente, experto na camuflaxe, práctico e organizado. Rita, porén, é lixeira e delicada, brillante, imaxinativa, rápida e con capacidade para a improvisación. Lolo e Rita saben que son diferentes pero gústanse moito. Ata que de súpeto un día comezan a chocar polas súas diferenzas e rematan por sentir que as súas diferenzas lles molestan, lles separan. Pero, dende o amor que senten, aprenderán a respectar as características do seu compañeiro/a e farán o posible por adaptarse. Quérote (case sempre) é unha preciosa historia de amor que encantará tamén os pais/nais e que nos ensina a importancia de respectar as peculiaridades da nosa parella e a querela no seu conxunto, adaptándonos en aquelo no que chocamos. Con esta lectura poderemos falar cos nosos alumnos/as do respecto á diversidade, de empatizar cos sentimentos dos demais aínda que sexan distintos ós nosos e da necesidade de que nunha convivencia todos cedamos. Parécenos un álbum infantil moi axeitado para traballar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as xa que máis aló de tratar un tema profundo dunha forma moi tenra, o texto está cheo de abxectivos que lles axudarán a expresar mellor os seus sentimentos. Poderemos conversar con eles/as sobre como somos cada un e que cousas nos molestan do outro así como do que facemos para non chocar nas nosas diferenzas.

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...