jueves, 16 de diciembre de 2021

Programa para o desenvolvemento da autoestima

Unha das variables máis significativas que se describe para o desenvolvemento do benestar emocional, a adaptación social e o éxito na vida é ter unha autoestima positiva, é dicir, saberse e sentirse querido/a, valioso/a e competente en diferentes aspectos. A forma na que os nenos/as descríbense a si mesmos depende de como os adultos que están o seu carón os perciben e lles expresen esa percepción. O desenvolvemento da autoestima está estreitamente relacionado coa consideración, valorización e crítica recibida por parte dos adultos. Aprender a ter unha mirada positiva sobre si mesmo e sobre os outros permite ó neno/a ter un mellor desenvolvemento emocional e a súa vez contribúe a mellorar a imaxen persoal dos seus compañeiros/as. Cando un neno/a fracasa nunha área específica do rendemento escolar, a súa autoestima vese ameazada. En troques, cando ten éxito, síntese aprobado, aceptado e valorizado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...