viernes, 9 de abril de 2021

Plan Director

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc. O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias). O pasado día 8 de abril, o alumnado de 6A e 6º B de Educación Primaria participou nunha charla sobre os perigos da INTERNET. O día 15 de abril, o alumnado de 5°A e 5° B de Educación Primaria participou na charla. Desta vez, as personas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade personáronse no noso centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...