Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos, que pon de manifesto, unha vez máis, o compromiso da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional con todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.
O Plan, impulsado desde Delegación do Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación, ofrece aos centros docentes a posibilidade de solicitar charlas informativas/formativas sobre temáticas como: acoso escolar, drogas e alcol, violencia de xénero, novas tecnoloxías, bandas xuvenís, etc.; charlas impartidas por persoas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e dirixidas ao conxunto da comunidade educativa (alumnado, profesorado, familias).
O pasado día 8 de abril, o alumnado de 6A e 6º B de Educación Primaria participou nunha charla sobre os perigos da INTERNET.
O día 15 de abril, o alumnado de 5°A e 5° B de Educación Primaria participou na charla. Desta vez, as personas expertas das Forzas e Corpos de Seguridade personáronse no noso centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario