jueves, 5 de octubre de 2023

Reunión REDE RAOGAL

O pasado xoves 5 de outubro tivemos unha reunión no IES Vilamarin. Dito centro forma parte da REDE RAOGAL e constitúe unha Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO). Dá cobertura a todos os centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do seu ámbito de actuación. Cada UACO está constituída por unha persoa responsable do desenvolvemento de actuacións de apoio e seguimento ao alumnado especialmente vulnerable, así como das súas familias, escolarizado en centros sostidos con fondos públicos, e deberá contar con formación específica acreditada en mediación, habilidades sociais, e educación emocional. As UACO teñen como función específica acompañar as traxectorias educativas do alumnado máis vulnerable e as súas familias, para previr fracasos e promover a aprendizaxe e éxito escolar, sempre en colaboración e coordinación cos e coas profesionais que estean a intervir co devandito alumnado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...