Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
jueves, 27 de junio de 2024
Xornada de coordinación
O pasado xoves 27 de xuño, a xefatura do departamento de orientación e as titores de 6º de educación primaria tivemos unha reunión no IES O Ribeiro.
En dita reunión trasladamos información sobre o alumnado que o vindeiro curso estará escolarizado en 1º da ESO.
Falamos das distintas necesidades do alumnado aspecto moi importante á hora de organizar grupos e atendelas.
jueves, 6 de junio de 2024
Visita Centro de Saúde de Ribadavia
O pasado mércores 5 de xuño, a clase de 6º de Educación Infantil realizou unha visita guiada ao centro de saúde da vila.
Pretendíase que coñeceran aos distintos profesionais que traballan nel e a labor que desenvolven.
Recibiron información dunha maneira lúdica e dinámica: montaron na ambulancia, escoitaron o latexo do seu corazón, visionaron vídeos sobre como limparse (correctamente) os dentes, recibiron un debuxo relacionado coa alimentación saudable, acudiron á sala onde se traballa coas persoas que teñen que facer rehabilitación (romper unha man...)...
Por último recibiron como agasallo un libro dos Bolechas e unha pulseira confeccionada por un profesional do centro.
Moitas grazas!

