Páginas

martes, 30 de enero de 2024

Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Para o desenvolvemento de dita Conmemoración realizamos a seguintes actividades: • Obradoiros interniveis: Cada grupo na súa aula recibiu ao alumnado do terceiro ciclo para a realización de xeito colaborativo dunha figura para adornar o lapis conmemorativo do Día da Paz. Cada aula tivo un modelo de cada adorno, diferentes accesorios para a súa decoración e goma eva de diferentes cores. Cada neno/a decorou a súa figura empregando a súa imaxinación. • Ao rematar o recreo reunímonos todos os grupos no patio do IES. Leuse un manifestó pola Paz e posteriormente o alumnado realizou un baile.

viernes, 26 de enero de 2024

Axenda Visual

É a explicación cronolóxica das actividades ou sucesos importantes do día. Utilizando pictogramas, imaxes reais, obxectos reais e mesmo a linguaxe escrita. Este tipo de axendas visuais facilitan a comprensión e anticipación de: . O que vai ocorrer. . Onde vamos a estar. . A orde na que se xestionará. . Como poder moverse polos espazos onde se vai a desenvolver a actividade. Serven para: . Interpretar mellor a mensaxe verbal que damos. . Axuda na comprensión das alteracións que se dan ao longo do día, regulando a conduta e a resposta emocional que pode supoñer ese cambio. . Mellora o mantenemento da atención. . Apréndense conceptos complexos, como o tempo, causa-efecto.