jueves, 9 de marzo de 2023

Actividades día Internacional da Muller

Dende o equipo de convivencia propuxemos as seguintes actividades: • En Educación Infantil: “UNHA MULLER IMPORTANTE NA MIÑA VIDA”. Cada alumno/a debuxou a que era a muller máis importante da súa vida. • En 1º e 2º de Educación Primaria: “AS TAREFAS COMPARTIDAS”. Os alumnos/as aportaron unha fotografía realizando tarefas domésticas. Estas fotos colocáronse formando un mural. Pretendimos concienciar ao alumnado da importancia da corresponsabilidade, facéndolles ver que o traballo doméstico é tarefa de todas as persoas, sexan homes ou mulleres. • En 3º e 4º de Educación Primaria: Os alumnos/as baixaron ao comedor para traballar de novo a corresponsabilidade. Colocaron unha mesa. • En 5º e 6º: Os alumnos/as traballaron sobre mulleres ilustres galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...