Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
lunes, 2 de mayo de 2022
2 de Maio Día Internacional contra o Acoso Escolar
O obxectivo de dita celebración é a de concienciar sobre o risco do acoso escolar aos nenos/as e mozos/as a nivel mundial, así como buscar os mecanismos para evitar este mal, que hoxe converteuse nun terrible perigo para a poboación infantil e xuvenil.
Na etapa de Educación infantil, primeiro e segundo de Educación Primaria utilizouse o libro "El club de los valientes".
Trátase dun conto ilustrado que fala sobre a valentía e a covardía. A historia desenvólvese dentro dun colexio calquera onde un neno por ser máis alto que os demais aprovéitase de todos quitándolles o bocadillo e todo o que se lle ocorre, pero un día pasa algo inesperado: un compañeiro revélase e crea un club xunto con outros nenos que foron molestados nalgún momento.
Dende ahí todo cambiará gracias á comunicación e a unión de todos.
En terceiro de educación primaria utilizouse o libre "¿Qué le pasa a Uma?.
No libro a autora acércase a un tipo de acoso escolar moito menos visible que o que utiliza a violencia, pero igual de duro nas súas consecuencias: o acoso que se vale da exclusión para marxinar ao diferente, ao que non se une "a todos os demais". E aínda que o libro está indicado para nenos/as un pouco máis maiores, é perfecto para comezar a tratar este tema con nenos/as de educación infantil (porque o acoso non entende de idades e nunca é demasiado cedo para comezar a falar sobre el), xa que falamos dun tipo de acoso moito máis sinxelo de entender para eles/as que o violento.
É sinxelo empatizar con Uma, que está triste e os seus pais pensan que é pola idade, que se está facendo maior. Pero a súa profesora Mercedes sabe que non é por eso, que ninguén se xunta con ela, que os seus compañeiros/as non parecen vela. E entón, dende a súa posición como docente, decidirá pasar á acción, dando aos seus alumnos/as (e de paso a todos/as e cada un de nos), dende o diálogo, unha preciosa lección de vida.
En cuarto de educación primaria realizouse unha explicación teórica do acoso escolar e aplicouse un cuestionario.
Rematamos cun visionado de cortos sobre o tema.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.





No hay comentarios:
Publicar un comentario