Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
jueves, 20 de marzo de 2025
Obradoiro A Revolución Teenagers
Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras consideran de vital importancia que os nenos/as adquiran nocións básicas sobre prevención de condutas de risco ante esta nova etapa que están empezando: A adolescencia.Unha etapa de cambios, moi emocionante para eles/as, na que se consolidan comportamentos, actitudes e aptitudes, claves para a súa vida.
De aí que profesionais de Atención Primaria desta área, levaron a cabo un obradoiro no noso centro, para os nenos/as de 6º de Primaria. Nel tratáronse temas de educación sexual, emocional e prevención de condutas de risco (alcol, tabaco...), todo isto adaptado a esta idade e de forma amena e dinámica.
martes, 18 de marzo de 2025
Matilda no cole
O pasado 18 de marzo, os alumnos/as da etapa de Educación Infantil participaron nun taller impartido por especialistas do centro de saúde de Ribadavia.
O obxectivo principal era ensinar primeiros auxilios aos nenos/as a través do xogo. O obxectivo específico coñecer a opinión do profesorado sobre a formación.
jueves, 13 de marzo de 2025
Actividades do 8M
Unha das actividades levadas a cabo durante esta conmemoración, estaba relacionada co PDI (A viaxe do CEIP ao mundo). Tendo en conta dito aspecto centrámonos na vida de mulleres pertencentes ao lugar ao cal estaba viaxando cada curso.
Posteriormente cada aula foi libre de realizar calquera outra actividade que considerou oportuna.
jueves, 30 de enero de 2025
Día Escolar da Non Violencia e a Paz
O pasado 30 de xaneiro celebranos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz
Realizamos a actividad "O Xardín da Paz". Cada grupo/clase decorou a flor típica do seu país (no centro estamos a desenvolver un PDI) e posteriormente colocáronse todas xuntas nun rincón do centro.
Os xardíns da paz son espazos que fomentan a construcción de comunidaades máis fortes e cohesionadas. Crean un sentido de pertenza e promoven a interacción social.
lunes, 27 de enero de 2025
Controlar as túas emocións e accións
Non sempre podemos controlar o que nos sucede, pero podemos controlar como reaccionamos.
Hoxe en día podemos ser felices mesmo cando as cousas son difíciles. Podemos ensinar a ser honestos, humildes e amables. Mesmo cando temos medo podemos ser valentes e fortes.
O pasado luns 27 de xaneiro embarcámonos nunha viaxe para aprender a ser compasivos e cheos/as de sabiduría en calquera situación.
En dita viaxe tamén teñen que acompañarnos as familias. De nada sirve o aprendido senón concorda coas dinámicas da casa.
viernes, 10 de enero de 2025
Apuntámonos a non beber
O pasado venres 10 de xaneiro, desenvolveuse no noso centro o programa: "Apuntámonos a non beber". Dito programa ten como obxectivo previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do seu comezo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, indicar os pasos a seguir para modificar as pautas educativas e de conduta relacionadas co mesmo. Fíxose unha intervención para o alumnado de 6º de Educación primaria por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa.
martes, 3 de diciembre de 2024
Día da discapacidade
A través desta xornada, búscase concienciar sobre os dereitos das persoas con discapacidade, visibilizar as súas dificultades e, sobre todo, recoñecer o valor da súa participación activa na sociedade.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.







