Páginas

jueves, 6 de junio de 2024

Visita Centro de Saúde de Ribadavia

O pasado mércores 5 de xuño, a clase de 6º de Educación Infantil realizou unha visita guiada ao centro de saúde da vila. Pretendíase que coñeceran aos distintos profesionais que traballan nel e a labor que desenvolven. Recibiron información dunha maneira lúdica e dinámica: montaron na ambulancia, escoitaron o latexo do seu corazón, visionaron vídeos sobre como limparse (correctamente) os dentes, recibiron un debuxo relacionado coa alimentación saudable, acudiron á sala onde se traballa coas persoas que teñen que facer rehabilitación (romper unha man...)... Por último recibiron como agasallo un libro dos Bolechas e unha pulseira confeccionada por un profesional do centro. Moitas grazas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario