Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
martes, 30 de enero de 2024
Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Para o desenvolvemento de dita Conmemoración realizamos a seguintes actividades:
• Obradoiros interniveis: Cada grupo na súa aula recibiu ao alumnado do terceiro ciclo para a realización de xeito colaborativo dunha figura para adornar o lapis conmemorativo do Día da Paz.
Cada aula tivo un modelo de cada adorno, diferentes accesorios para a súa decoración e goma eva de diferentes cores. Cada neno/a decorou a súa figura empregando a súa imaxinación.
• Ao rematar o recreo reunímonos todos os grupos no patio do IES. Leuse un manifestó pola Paz e posteriormente o alumnado realizou un baile.

No hay comentarios:
Publicar un comentario