Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
martes, 23 de noviembre de 2021
Ciberseguridade con Bernardo Viqueira
Neste mes de novembro propoñemos novos encontros para a comunidade educativa. Desta volta contamos con Bernardo Viqueira, hacker profesional, que nos vén desvelar moitas das cuestións que descoñecemos sobre os riscos da pegada dixital e a súa importancia na nosa rutina con móbiles e tabletas.
Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria o día 23 de novembro, seguiron online a charla. Para Viqueira o mundo do hacking é a súa paixón. Ten reportado fallos de seguridade a empresas coma Deezer, Starbucks e Yahoo; colaborado con organismos gubernamentais; e participado en varios programas de televisión e radio. Este encontro ten como obxectivo tomar conciencia do que realmente significa a pegada dixital, tanto dende unha mirada ao presente coma pensando no futuro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario