Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
viernes, 26 de noviembre de 2021
Actividades 25 de novembro
En Educación Infantil e en 1º,2º e 3º de Educación Primaria, realizóuse un TALLER SOBRE OS ESTEREOTIPOS E MANDATOS DE XÉNERO.
O que se pretendía era:
Inculcar o concepto de liberdade e de diversidade na identidade e as expresións de xénero.
Reflexionar sobre a socialización de xénero: como os roles, estereotipos e mandatos de xénero afectan á vida das persoas.
Fomentar o respecto pola diversidade e as diferentes formas de ser.
Motivar a nenas, nenos a desenvolverse con liberdade, independentemente dos roles, estereotipos e mandatos de xénero asignados.
Para o seu desenvolvemento realizóuse a lectura do conto “Os Colores”, en Contos para antes de despertar, de Nunila López Salamero e Myrian Cameros Serra. Posteriormente: actividade plástica.
En 1º,2º e 3º de Educación Primaria, Lectura interactiva do conto Oliver Button é unha nena, de Tomie de Paola.
Reforzamos a idea de que o divertido é facer o que a un/a lle guste e que nos poden gustar moitas cousas.
En 4º e 5º de Educación Primaria, o profesorado explica que vamos a practicar a mirada crítica: a diario recibimos infinidade de mensaxes e moitas veces non nos damos conta dos contidos non explícitos que nos transmiten. Así que vamos a practicar esta mirada crítica, a través das lentes de xénero. Que é iso? Mirar algo coa intención de descubrir si se dicen cousas diferentes (e desiguais) de rapaces/as.
En 6º de Educación Primaria, desenvolvemos:COIDÁMONOS. TALLER PARA TRABALLAR O COIDADO E O BO TRATO.
Obxectivos
Fomentar o coidado como elemento vertebrador das relacións humanas e co medio.
Traballar a identificación e expresións das emocións.
Fomentar as relacións de bo trato a partir da empatía, a escoita activa e a asertividade.
Por en valor o empoderamento individual así como as relacións que nos dan benestar.
Identificar as actitudes violentas dentro das relacións humanas, en especial as relacións de violencia machista.
Motivar ó alumnado para poñer en práctica a empatía e o coidado.
Escoitamos “Lucha ama Libertad”, un audioconto do proxecto Un conto propio. Este conto narra a historia de Lucha, unha rapaza que sale dunha relación de maltrato gracias ó arte, a creatividade e o apoio dos seus amigos/as.
Un mural polo bo trato.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario