Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
jueves, 20 de marzo de 2025
Obradoiro A Revolución Teenagers
Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras consideran de vital importancia que os nenos/as adquiran nocións básicas sobre prevención de condutas de risco ante esta nova etapa que están empezando: A adolescencia.Unha etapa de cambios, moi emocionante para eles/as, na que se consolidan comportamentos, actitudes e aptitudes, claves para a súa vida.
De aí que profesionais de Atención Primaria desta área, levaron a cabo un obradoiro no noso centro, para os nenos/as de 6º de Primaria. Nel tratáronse temas de educación sexual, emocional e prevención de condutas de risco (alcol, tabaco...), todo isto adaptado a esta idade e de forma amena e dinámica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario