Páginas

miércoles, 26 de marzo de 2025

Pautas de hixiene vocal

As disfonías infantís son comúns na infancia afectando a un gran número de nenos/as de idades comprendidas entre os 5 e 7 anos de idade. Temos que diferenciar as alteracións da voz producidas pola maduración do neno/a de aquelas producidas por un mal uso ou abuso vocal.

lunes, 24 de marzo de 2025

A empatía

A empatía implica intentar comprender o que sente outra persoa. Por exemplo, se un amigo/a cae e magóase, é posible que sintas compaixón por el/a e desexes axudalo en lugar de rirte del. A empatía é como un superpoder que todos/as podemos usar. Ao tratar de entender o que sinten os outros/as, podemos facer que o mundo sexa un lugar mellor. Mediante personaxes carismáticas e situacións relatables, utilizamos contos como unha fiestra a leccións valiosas sobre a resiliencia, a xestión de emocións e a importancia dunha actitude positiva.

jueves, 20 de marzo de 2025

Obradoiro A Revolución Teenagers

Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras consideran de vital importancia que os nenos/as adquiran nocións básicas sobre prevención de condutas de risco ante esta nova etapa que están empezando: A adolescencia.Unha etapa de cambios, moi emocionante para eles/as, na que se consolidan comportamentos, actitudes e aptitudes, claves para a súa vida. De aí que profesionais de Atención Primaria desta área, levaron a cabo un obradoiro no noso centro, para os nenos/as de 6º de Primaria. Nel tratáronse temas de educación sexual, emocional e prevención de condutas de risco (alcol, tabaco...), todo isto adaptado a esta idade e de forma amena e dinámica.

martes, 18 de marzo de 2025

Matilda no cole

O pasado 18 de marzo, os alumnos/as da etapa de Educación Infantil participaron nun taller impartido por especialistas do centro de saúde de Ribadavia. O obxectivo principal era ensinar primeiros auxilios aos nenos/as a través do xogo. O obxectivo específico coñecer a opinión do profesorado sobre a formación.

jueves, 13 de marzo de 2025

Actividades do 8M

Unha das actividades levadas a cabo durante esta conmemoración, estaba relacionada co PDI (A viaxe do CEIP ao mundo). Tendo en conta dito aspecto centrámonos na vida de mulleres pertencentes ao lugar ao cal estaba viaxando cada curso. Posteriormente cada aula foi libre de realizar calquera outra actividade que considerou oportuna.