Páginas

viernes, 10 de enero de 2025

Apuntámonos a non beber

O pasado venres 10 de xaneiro, desenvolveuse no noso centro o programa: "Apuntámonos a non beber". Dito programa ten como obxectivo previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do seu comezo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, indicar os pasos a seguir para modificar as pautas educativas e de conduta relacionadas co mesmo. Fíxose unha intervención para o alumnado de 6º de Educación primaria por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario