Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
viernes, 10 de enero de 2025
Apuntámonos a non beber
O pasado venres 10 de xaneiro, desenvolveuse no noso centro o programa: "Apuntámonos a non beber". Dito programa ten como obxectivo previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do seu comezo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, indicar os pasos a seguir para modificar as pautas educativas e de conduta relacionadas co mesmo. Fíxose unha intervención para o alumnado de 6º de Educación primaria por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
Este curso comezou a funcionar (de novo) a nosa caixa de correos de convivencia. Quere ser unha ferramenta de comunicación. O seu obxectivo...
-
A mediación é unha medida educativa que intentamos levar no centro para axudar ao alumnado a resolver os seus conflitos dunha forma pacífica...

No hay comentarios:
Publicar un comentario