Páginas

jueves, 30 de enero de 2025

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O pasado 30 de xaneiro celebranos no noso centro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz Realizamos a actividad "O Xardín da Paz". Cada grupo/clase decorou a flor típica do seu país (no centro estamos a desenvolver un PDI) e posteriormente colocáronse todas xuntas nun rincón do centro.
Os xardíns da paz son espazos que fomentan a construcción de comunidaades máis fortes e cohesionadas. Crean un sentido de pertenza e promoven a interacción social.

lunes, 27 de enero de 2025

Controlar as túas emocións e accións

Non sempre podemos controlar o que nos sucede, pero podemos controlar como reaccionamos. Hoxe en día podemos ser felices mesmo cando as cousas son difíciles. Podemos ensinar a ser honestos, humildes e amables. Mesmo cando temos medo podemos ser valentes e fortes. O pasado luns 27 de xaneiro embarcámonos nunha viaxe para aprender a ser compasivos e cheos/as de sabiduría en calquera situación. En dita viaxe tamén teñen que acompañarnos as familias. De nada sirve o aprendido senón concorda coas dinámicas da casa.

viernes, 10 de enero de 2025

Apuntámonos a non beber

O pasado venres 10 de xaneiro, desenvolveuse no noso centro o programa: "Apuntámonos a non beber". Dito programa ten como obxectivo previr o consumo de bebidas alcohólicas e enerxéticas en menores de idade, atrasar a idade do seu comezo e, no caso de que xa se iniciase o consumo, indicar os pasos a seguir para modificar as pautas educativas e de conduta relacionadas co mesmo. Fíxose unha intervención para o alumnado de 6º de Educación primaria por parte da persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa.