martes, 2 de abril de 2024

Programa "Donas de si"

O pasado 2 de abril, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria participaron nunha actividade que forma parte do programa "Donas de si". Dito programa ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias. No noso centro traballamos a figura de Ángeles Alvariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...