Páginas

viernes, 12 de abril de 2024

Charla do SEPRONA

O pasado venres 12 de abril, os alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria tiveron unha charla do SEPRONA.Falóuselles sobre a misión do corpo que é a de velar polo cumplimento das disposicións que tenden á conservación da natureza e o medio ambiente, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e calquera outra relacionada coa natureza. Deste xeito encárgase da protección do chan, auga e atmosfera, da sanidade animal e da conservación de especies de flora e fauna. O Servizo loita ademais contra vertidos e contaminación do medio ambiente, o comercio ilegal de especies protexidas, actividades cinexéticas e de pesca irregulares, defensa dos espazos naturais, a prevención, investigación e extinción de incendios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario