Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
viernes, 12 de abril de 2024
Charla do SEPRONA
O pasado venres 12 de abril, os alumnos/as de 5º e 6º de educación primaria tiveron unha charla do SEPRONA.Falóuselles sobre a misión do corpo que é a de velar polo cumplimento das disposicións que tenden á conservación da natureza e o medio ambiente, dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e calquera outra relacionada coa natureza.
Deste xeito encárgase da protección do chan, auga e atmosfera, da sanidade animal e da conservación de especies de flora e fauna. O Servizo loita ademais contra vertidos e contaminación do medio ambiente, o comercio ilegal de especies protexidas, actividades cinexéticas e de pesca irregulares, defensa dos espazos naturais, a prevención, investigación e extinción de incendios.
martes, 2 de abril de 2024
Programa "Donas de si"
O pasado 2 de abril, os alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria participaron nunha actividade que forma parte do programa "Donas de si".
Dito programa ten como obxectivo principal a visibilización e posta en valor da participación e produción das mulleres como pezas fundamentais na configuración e no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea, de xeito que se recoñeza o seu papel político, social, artístico, científico e cultural e se supere a visión tradicional que presenta as súas achegas como puramente anecdóticas ou secundarias.
No noso centro traballamos a figura de Ángeles Alvariño.



