Páginas

miércoles, 25 de octubre de 2023

Sofía a vaca que amaba a música

Maravilloso relato creado para abordar o tema da discriminación. Está protagonizado por animais, que lles encantan aos nenos/as, pero ademais é a historia de alguén que sofre o rexeitamento polas aparencias e prexuízos que moitos senten, aínda desde os primeiros anos. Sofía atopa nas cancións unha forma de expresar as súas emocións . Este conto é unha invitación á constancia, á aceptación, á superación de retos e á amizade: unha chamada de atención ao absurdo de tratar aos outros como inferiores cando todos/as, en realidade, temos algo único e especial para aportar. A través da modelaxe con plastilina, os nenos/as amosaron o reflectido na historia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario