miércoles, 11 de octubre de 2023

O valor da amizade

Retomamos na aula o programa de educación emocional. Mediante o uso dun exemplo concreto (visionado dunha historia), pretendemos que os nenos/as comprendan mellor a importancia da amizade. Posteriormente fixemos preguntas abertas para involuclar aos integrantes da aula: Quenes son os teus amigos/as? Como te fan sentir?... Falamos das calidades dun bo amigo/a: amable, divertido, que te escoita, te apoia, ensina a resolver conflitos (os amigos/as poden ter desacordos ou problemas, pero o importante é falar e atopar solucións xuntos en lugar de pelexar), os amigos/as están nos momentos bos e nos malos (cando máis os necesitamos). Debemos amosar aos nenos/as como ser un bo amigo/a a través do seu comportamento. Esto terá un impacto positivo na comprensión do valor da amizade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...