Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
miércoles, 25 de octubre de 2023
Sofía a vaca que amaba a música
Maravilloso relato creado para abordar o tema da discriminación. Está protagonizado por animais, que lles encantan aos nenos/as, pero ademais é a historia de alguén que sofre o rexeitamento polas aparencias e prexuízos que moitos senten, aínda desde os primeiros anos.
Sofía atopa nas cancións unha forma de expresar as súas emocións .
Este conto é unha invitación á constancia, á aceptación, á superación de retos e á amizade: unha chamada de atención ao absurdo de tratar aos outros como inferiores cando todos/as, en realidade, temos algo único e especial para aportar.
A través da modelaxe con plastilina, os nenos/as amosaron o reflectido na historia.
lunes, 23 de octubre de 2023
Taller sobre o consentimento
O pasado venres realizouse no noso centro un taller sobre o consentimento.
Dita actividade foi realizada por Femuro (Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense). Dende Femuro traballan cada día por acadar a igualdade entre homes e mulleres, nenos e nenas. Por este motivo están moi implicadas na coeducación tanto no ámbito familiar como escolar. Dende a entidade ofertan actividades de sensibilización en igualdade tales como o Taller de consentimento que se desenvolveu nas aulas de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
miércoles, 11 de octubre de 2023
O valor da amizade
Retomamos na aula o programa de educación emocional.
Mediante o uso dun exemplo concreto (visionado dunha historia), pretendemos que os nenos/as comprendan mellor a importancia da amizade.
Posteriormente fixemos preguntas abertas para involuclar aos integrantes da aula: Quenes son os teus amigos/as? Como te fan sentir?...
Falamos das calidades dun bo amigo/a: amable, divertido, que te escoita, te apoia, ensina a resolver conflitos (os amigos/as poden ter desacordos ou problemas, pero o importante é falar e atopar solucións xuntos en lugar de pelexar), os amigos/as están nos momentos bos e nos malos (cando máis os necesitamos).
Debemos amosar aos nenos/as como ser un bo amigo/a a través do seu comportamento. Esto terá un impacto positivo na comprensión do valor da amizade.
viernes, 6 de octubre de 2023
Programa de control de esfínteres
No desenvolvemento evolutivo infantil, o control de esfínteres efectúase ao redor dos dous-tres anos, aínda que esta idade pode variar segundo a madurez do neno/a.
Este hábito ten gran importancia tanto para a familia como para a axeitada integración do neno/a no seu entorno escolar e social, pero sobre todo para o alumno/a polo feito de alcanzar un gran progreso na súa autonomía persoal.
jueves, 5 de octubre de 2023
Reunión REDE RAOGAL
O pasado xoves 5 de outubro tivemos unha reunión no IES Vilamarin. Dito centro forma parte da REDE RAOGAL e constitúe unha Unidade de Acompañamento e Orientación persoal e familiar (UACO). Dá cobertura a todos os centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, do seu ámbito de actuación.
Cada UACO está constituída por unha persoa responsable do desenvolvemento de
actuacións de apoio e seguimento ao alumnado especialmente vulnerable, así como
das súas familias, escolarizado en centros sostidos con fondos públicos, e deberá
contar con formación específica acreditada en mediación, habilidades sociais, e
educación emocional.
As UACO teñen como función específica acompañar as traxectorias educativas do
alumnado máis vulnerable e as súas familias, para previr fracasos e promover a
aprendizaxe e éxito escolar, sempre en colaboración e coordinación cos e coas
profesionais que estean a intervir co devandito alumnado.
lunes, 2 de octubre de 2023
Equipo de Mediación
A mediación é unha medida educativa que intentamos levar no centro para axudar ao alumnado a resolver os seus conflitos dunha forma pacífica, a través do diálogo e buscando xuntos solucións satisfactorias para ambas partes. Os alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria participarán na implementación de dita medida.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.





