Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
miércoles, 31 de mayo de 2023
Obradoiro A Revolución Teenagers
Dende a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras consideran de vital importancia que os nenos/as adquiran nocións básicas sobre prevención de condutas de risco ante esta nova etapa que están empezando: A adolescencia.Unha etapa de cambios, moi emocionantes para eles/as, na que se consolidan comportamentos, actitudes e aptitudes, claves para a súa vida.
De aí que profesionais de Atención Primaria desta área, levaron a cabo este programa, para os nenos/as de 6º de pimaria. Tratáronse temas de educación sexual, emocional e prevención de condutas de risco (alcol, tabaco...) todo isto adaptado a esta idade e de forma amena e dinámica.
O pasado 30 de maio, os nenos/as participaron do forma activa a través de distintas dinámicas de grupo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario