Páginas

jueves, 13 de abril de 2023

Apuntámonos a non beber

O pasado 13 de abril fíxose unha intervención no centro escolar (alumnado de 6º de Educación Primaria).Dita intervención foi realizada por unha persoa da xefatura territorial de sanidade responsable do programa. O contido da sesión: 1. A Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade 2. Analizar con espírito crítico a publicidade de bebidas alcohólicas e a procura das novas persoas consumidoras (mensaxes, cores, imaxes, linguaxes; asociación entre o consumo de bebidas alcohólicas con determinados valores sociais,...). 3. Desenvolver estratexias creativas para canalizar as súas ideas. 4. Dar pautas para que o alumnado poda deseñar unha campaña de prevención do consumo de bebidas alcohólicas ou enerxéticas en calquera soporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario