Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
jueves, 9 de marzo de 2023
Actividades día Internacional da Muller
Dende o equipo de convivencia propuxemos as seguintes actividades:
• En Educación Infantil: “UNHA MULLER IMPORTANTE NA MIÑA VIDA”. Cada alumno/a debuxou a que era a muller máis importante da súa vida.
• En 1º e 2º de Educación Primaria: “AS TAREFAS COMPARTIDAS”. Os alumnos/as aportaron unha fotografía realizando tarefas domésticas. Estas fotos colocáronse formando un mural. Pretendimos concienciar ao alumnado da importancia da corresponsabilidade, facéndolles ver que o traballo doméstico é tarefa de todas as persoas, sexan homes ou mulleres.
• En 3º e 4º de Educación Primaria: Os alumnos/as baixaron ao comedor para traballar de novo a corresponsabilidade. Colocaron unha mesa.
• En 5º e 6º: Os alumnos/as traballaron sobre mulleres ilustres galegas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.




No hay comentarios:
Publicar un comentario