O pasado 21 de novembro, visitaron o noso centro educativo unhas integrantes da Cruz Vermella. Impartiron unha charla sobre igualdade aos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria.
Para previr a violencia de xénero é necesario sensibilizar e educar aos nenos/as en e para a igualdade, favorecendo capacidades de resolución de conflitos sen violencia, visibilizando modelos de relación igualitarios e dotando de capacidades e ferramentas para detectar a violencia machista.
No hay comentarios:
Publicar un comentario