Páginas

viernes, 25 de noviembre de 2022

Actividades desenvoltas con relación ao 25 de novembro

A nivel xeral desenvolvimos a actividade a Porta Violeta. Para a decoración e ambientación con motivo do día contra a violencia de xénero forramos a porta de cada titoría de cor violeta. Dentro da mesma escribimos mensaxes contra a violencia de xénero.
En educación infantil: utilizouse o conto “Rosa Caramelo”. Dita obra amósanos a través da súa protagonista, a elefantiña Margarida, a importancia de valorar ás nenas e aos nenos de igual xeito, rexeitando os estereotipos.
En 1º e 2º de educación primaria: utilizouse o conto “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa? Ofrecimos unha ilustración da Princesa Carlota en blanco e negro para que o alumnado a vestira como desexara, dando renda solta a súa imaxinación e creatividade. Pensando nos novos soños e aspiracións da princesa.
En 3º e 4º de educación primaria: debuxamos unha man violeta. Dentro dela escribimos pequenos actos que fomentaran a igualdade. En 5º e 6º de educación primaria: Realizouse un taller no que participaron os membros da Cruz Vermella. O alumnado de 6º participou na lectura dun manifesto. A dita lectura acudiu todo o centro cun elemento representativo: lazo violeta, chapa… Escoitamos a canción de Rozalén “A Porta Violeta".

lunes, 21 de noviembre de 2022

Sensibilización e prevención da violencia de Xénero. Cruz Vermella

O pasado 21 de novembro, visitaron o noso centro educativo unhas integrantes da Cruz Vermella. Impartiron unha charla sobre igualdade aos alumnos/as de 5º e 6º de Educación Primaria. Para previr a violencia de xénero é necesario sensibilizar e educar aos nenos/as en e para a igualdade, favorecendo capacidades de resolución de conflitos sen violencia, visibilizando modelos de relación igualitarios e dotando de capacidades e ferramentas para detectar a violencia machista.