Páginas

martes, 14 de junio de 2022

O ratiño das emocións

O Ratiño das emocións permítenos construír un recurso divertido co cal, podemos deslizar as emocións pola cara do rato para facerlle cambiar de expresión. Temos o rato enoxado, abraiado, contento, asustado, divertido, calmado, triste, e con medo. Cando os nenos/as rematen de armalo, contamos un conto. Facemos pausas nos momentos nos que o protagonista se enfronte a situacións emocionantes. Desta maneira os nenos/as poderán pensar sobre as emocións dos demais e internalizar as razóns polas que alguén podería sentirse enoxado, triste ou contento. Proxectándose en situacións hipotéticas doutros, os nenos/as poderán ir desenvolvendo a súa empatía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario