Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
Páginas
▼
lunes, 7 de marzo de 2022
O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa
A Celestino obsequianlle con avións azuis, dorme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo dille que é o máis azul de todos os nenos e que se casará coa máis rosa de todas as nenas, como debe ser! Pero e se el non quere soamente un mundo azul, e a princesa dos seus soños non é rosa?
Un grito á liberdade dos nenos/as. Que os patróns de xénero da sociedade non aplaquen a súa creatividade e a súa personalidade. Non hai xogos de nenos e xogos de nenas, hai cousas que gustan e cousas que non.
"As lentes violeta" son unhas lentes que nos permitirá mirar o mundo cunha mirada crítica e dese xeito acabar cos estereotipos de xénero, analizar situacións inxustas e de desventaxa entre homes e mulleres que doutra forma poderían pasar desapercibidas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario