lunes, 7 de marzo de 2022

O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa

A Celestino obsequianlle con avións azuis, dorme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo dille que é o máis azul de todos os nenos e que se casará coa máis rosa de todas as nenas, como debe ser! Pero e se el non quere soamente un mundo azul, e a princesa dos seus soños non é rosa? Un grito á liberdade dos nenos/as. Que os patróns de xénero da sociedade non aplaquen a súa creatividade e a súa personalidade. Non hai xogos de nenos e xogos de nenas, hai cousas que gustan e cousas que non. "As lentes violeta" son unhas lentes que nos permitirá mirar o mundo cunha mirada crítica e dese xeito acabar cos estereotipos de xénero, analizar situacións inxustas e de desventaxa entre homes e mulleres que doutra forma poderían pasar desapercibidas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...