martes, 29 de marzo de 2022

Dani contra o medo

Dani representa a todos os nenos/as que na súa etapa de crecemento e madurez deben enfrentarse ós medos máis comúns da infancia. A través dunha serie de escenas divertidas e representativas, os máis pequenos terán a oportunidade de expresar e plasmar os seus propios medos e, o mesmo que Dani, poder superalos

viernes, 25 de marzo de 2022

"Se resolvemos todos os problemas dos nosos fillos/as, nós somos o problema

Como di a psicóloga Begoña Ibarrola "aos nosos fillos/as non lles podemos quitar as pedras do camiño para que non tropecen, témoslles que ensinar a, saltalas". Non o esquezamos.

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

Hoxe tivemos a posibilidade de escoitar unha charla informativa sobre a seguinte temática: Violencia de Xénero. A charla foi impartida por unha persona experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Estivo dirixida ao alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria.

martes, 22 de marzo de 2022

Dani quere ser maior

Dani acostumouse a que os adultos lle fagan todo, pero esto non lle gusta tanto como pensaba. Cres que se atreverá a ser máis independente? Queres axudalo? Seguro que ti tamén o acadas! Os nenos/as viven un momento máxico, que é cando descubren que eles/as poden facer as cousas. Trátase dunha fase moi especial que debemos aproveitar para facer que se sintan capaces. O desexo natural dos pais/nais é que os seus fillos/as sexan felices e teñan unha boa autoestima. Porén , non sempre somos conscientes de que está na nosa man facer moito para que se desenvolvan correctamente e sexan unhos nenos/as seguros, ou todo o contrario.

lunes, 21 de marzo de 2022

Cales son os nosos dereitos?

Entender o que está pasando no mundo non soamente é cousa de adultos. Os nenos/as tamén son conscientes do que ven na televisión e do que escoitan falar a súa familia, por eso, facer que entendan as claves dalgúns problemas é unha maneira de ensinarlles a diversidade do mundo e facer que forxen unha opinión ao respecto.

jueves, 17 de marzo de 2022

Programa de economía de fichas

Os programas de “economía de puntos” axudan a modificar as conductas dos nenos/as, encamiñando estas na dirección axeitada mediante a entrega de puntos ao neno/a polas súas achegas (que posteriormente cambiará por recompensas). O programa de economía de fichas, sería un programa de reforzo positivo, xa que se adquire un premio desexable mediante as conductas positivas. Para iso o ideal é plantexar unha serie de conductas polas que o alumno/a recibirá recompensa en puntos (ir para a cama, tratar ós compañeiros/as con respecto…).

martes, 15 de marzo de 2022

Dani quere mandar

Dani quere facer o que lle apetece, comer o que quere e non fai caso ós adultos. Alguna vez portácheste mal? Queres comprender cales son as normas máis importantes para portarse ben?

viernes, 11 de marzo de 2022

jueves, 10 de marzo de 2022

Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos

Hoxe tivemos a posibilidade de escoitar unha charla informativa sobre a seguinte temática:Drogas e alcol. A charla foi impartida por unha persoa experta das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Estivo dirixida ao alumnado de quinto e sexto de Educación Primaria.

lunes, 7 de marzo de 2022

O neno que non quería ser azul e a nena que non quería ser rosa

A Celestino obsequianlle con avións azuis, dorme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo dille que é o máis azul de todos os nenos e que se casará coa máis rosa de todas as nenas, como debe ser! Pero e se el non quere soamente un mundo azul, e a princesa dos seus soños non é rosa? Un grito á liberdade dos nenos/as. Que os patróns de xénero da sociedade non aplaquen a súa creatividade e a súa personalidade. Non hai xogos de nenos e xogos de nenas, hai cousas que gustan e cousas que non. "As lentes violeta" son unhas lentes que nos permitirá mirar o mundo cunha mirada crítica e dese xeito acabar cos estereotipos de xénero, analizar situacións inxustas e de desventaxa entre homes e mulleres que doutra forma poderían pasar desapercibidas.

Mira que boca

O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...