Páginas

martes, 15 de febrero de 2022

Quérote (case sempre)

Este libro para nenos/as narra a historia de amor de Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e adáptanse para convivir en armonía. Son dous animais moi diferentes: Lolo é un bicho bóla e Rita é un vagalume. El é forte e resistente, experto na camuflaxe, práctico e organizado. Rita, porén, é lixeira e delicada, brillante, imaxinativa, rápida e con capacidade para a improvisación. Lolo e Rita saben que son diferentes pero gústanse moito. Ata que de súpeto un día comezan a chocar polas súas diferenzas e rematan por sentir que as súas diferenzas lles molestan, lles separan. Pero, dende o amor que senten, aprenderán a respectar as características do seu compañeiro/a e farán o posible por adaptarse. Quérote (case sempre) é unha preciosa historia de amor que encantará tamén os pais/nais e que nos ensina a importancia de respectar as peculiaridades da nosa parella e a querela no seu conxunto, adaptándonos en aquelo no que chocamos. Con esta lectura poderemos falar cos nosos alumnos/as do respecto á diversidade, de empatizar cos sentimentos dos demais aínda que sexan distintos ós nosos e da necesidade de que nunha convivencia todos cedamos. Parécenos un álbum infantil moi axeitado para traballar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as xa que máis aló de tratar un tema profundo dunha forma moi tenra, o texto está cheo de abxectivos que lles axudarán a expresar mellor os seus sentimentos. Poderemos conversar con eles/as sobre como somos cada un e que cousas nos molestan do outro así como do que facemos para non chocar nas nosas diferenzas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario