Consideramos a escola e os centros educativos como lugares equitativos, sen desigualdade nin discriminación para garantir a aprendizaxe.
martes, 15 de febrero de 2022
Quérote (case sempre)
Este libro para nenos/as narra a historia de amor de Lolo e Rita, dúas personaxes que se respectan nas súas diferenzas e adáptanse para convivir en armonía.
Son dous animais moi diferentes: Lolo é un bicho bóla e Rita é un vagalume.
El é forte e resistente, experto na camuflaxe, práctico e organizado. Rita, porén, é lixeira e delicada, brillante, imaxinativa, rápida e con capacidade para a improvisación.
Lolo e Rita saben que son diferentes pero gústanse moito.
Ata que de súpeto un día comezan a chocar polas súas diferenzas e rematan por sentir que as súas diferenzas lles molestan, lles separan.
Pero, dende o amor que senten, aprenderán a respectar as características do seu compañeiro/a e farán o posible por adaptarse.
Quérote (case sempre) é unha preciosa historia de amor que encantará tamén os pais/nais e que nos ensina a importancia de respectar as peculiaridades da nosa parella e a querela no seu conxunto, adaptándonos en aquelo no que chocamos.
Con esta lectura poderemos falar cos nosos alumnos/as do respecto á diversidade, de empatizar cos sentimentos dos demais aínda que sexan distintos ós nosos e da necesidade de que nunha convivencia todos cedamos.
Parécenos un álbum infantil moi axeitado para traballar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as xa que máis aló de tratar un tema profundo dunha forma moi tenra, o texto está cheo de abxectivos que lles axudarán a expresar mellor os seus sentimentos. Poderemos conversar con eles/as sobre como somos cada un e que cousas nos molestan do outro así como do que facemos para non chocar nas nosas diferenzas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Mira que boca
O mércores 18 de xuño, o alumnado de Educación Infantil recibiu unha serie de sesións impartidas polo persoal do Sergas. Ditas sesións cen...
-
O pasado mércores 26 mantivemos unha reunión cunha representante da Fundación Meniños. O "Colexio do Benquerer" é unha proposta d...
-
O propósito desta guía é a de proporcionar información que poida axudar a entender mellor a experiencia do duelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario