Páginas

martes, 23 de febrero de 2021

Proxecto Cidades Amigas

 Bos días a todas e todos,

    Desde o Concello de Ribadavia, levamos un ano traballando no recoñecemento do noso municipio dentro do marco dos proxectos de Cidades Amigas da Infancia que avala UNICEF. 

    Na seguinte ligazón, podedes ver, tanto as presentacións xerais de Cidades Amigas da Infancia:

ciudades amigas

Convocatoria ciudadesamigas

    Temos diferentes obxectivos a cumplir, entre outros, a elaboración dun diagnóstico sobre a situación da mocidade (infancia e adolescencia). Grazas aos resultados do diagnóstico, queremos elaborar e por en marcha un Plan Municipal da Infancia e a adolescencia en Ribadavia.

    Este proxecto pretende ofrecer ao noso municipio un lugar de atención e expresión para a mocidade coa creación dunha "Mesa Interdepartamental da Infancia" dentro do Concello de Ribadavia e dun "Consello Municipal da Infancia e a Adolescencia".

    Agora mesmo, estamos a traballar na elaboración dun diagnóstico sobre a situación da infancia e da adolescencia. Necesitamos a vosa colaboración, para poder recopilar o máximo de datos posibles e así facer un bo tratamento dos datos e acadar así, o mellor resultado posible. Para todo isto, creamos unha enquisa con diferentes puntos, que abarcan todos os aspectos que pertencen a vida cotiá da infancia e adolescencia Ribadaviense.

    Desde o Concello de Ribadavia, agradeceriámosvos a realización desta enquisa coas vosas fillas e os vosos fillos: 

    Enquisa destinada a Infancia e adolescencia:

https://docs.google.com/forms/  

* No caso de ser moi complicada a enquisa que enviamos (por non estar a vosa ou voso fillo/a en idade de contestar ao formulario), fixemos unha enquisa, que as nais ou pais podedes contestar, tendo en conta na medida do posible, a opinión  das e dos menores:  

    Enquisa destinada a nais/pais

https://docs.google.com/forms/

Grazas de antemán pola vosa colaboración.

Un cordial saúdo.

Proxecto





No hay comentarios:

Publicar un comentario